A conselleira do Mar anuncia a anulación do borrador da Lei de Acuicultura
Por Redacción
A Xunta de Galicia trasladou ao sector do mar a anulación do borrador da lei de acuicultura e a súa retirada da exposición pública. A través dunha carta, remitida nesta xornada a preto de 300 directivos trasladouse esta decisión.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana explica no escrito que pretende garantir que non levará a cabo ningún labor que puidese ser entendida como contraria ao sector marítimo e engade que non se iniciará ningún trámite administrativo lexislativo neste ámbito.
Rosa Quintana, que acudiu ao programa Bos días da TVG, lamentou que o sector se deixase levar polas mentiras que se difundiron sobre os contidos do anteproxecto de lei. "Hai quen quere transmitir unha imaxe negativa do sector pesqueiro e eu o que quero transmitir á sociedade é todo o contrario, xa que na pesca marisqueo e acuicultura podar xerarse riqueza, benestar e nesa liña imos seguir traballando", apuntou a conselleira do Mar.
O sector, con todo, mantén a convocatoria de manifestación prevista para o sábado 27 de febreiro, ás 11.30 horas na Alameda de Compostela.
Relacionadas:
-
Colectivos do mar opóñense a que o Goberno priorice as prospeccións petrolíferas fronte á actividade mariñeira
Por Mónica Patxot |
-
Pontevedra esixirá á Xunta que a nova Lei de Acuicultura se debata con todo o sector
Por Redacción |
-
O PP provincial esixe á Xunta máis consenso para tramitar a Lei de Acuicultura
Por Redacción |