Pontedetapas 2016 manterase en novembro pero estenderase a tres fines de semana completas
Por Redacción
A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, reuniuse cos hostaleiros de Pontevedra para facer unha valoración final de Pontedetapas 2015 e comezar a preparación da edición deste ano.
Entre os acordos tomados, mantense a celebración do concurso gastronómico no mes de novembro, na procura de mellorar os ingresos da tempada baixa, se ben decidiuse ampliar o número de días, de xeito que dure tres fins de semana completas.
Os prezos serán os mesmos, de 2 euros por tapa e de 3 euros por cóctel, ao igual que as modalidades de participación: tapa tradicional, tapa creativa e cóctel. O público volverá a escoller a Tapa Pontevedra e, de novo, o CIFP Carlos Oroza terá unha presenza activa.
Así mesmo, puxéronse sobre a mesa algunhas ideas de actividades de dinamización do sector para levar a cabo este ano, en concreto durante o mes de abril, outro mes frouxo, segundo os hostaleiros participantes.
Finalmente, tras o éxito en Culturgal, determinouse a creación dunha rede de colaboración con descontos na hostalería pontevedresa para os asistentes a determinados eventos deportivos e culturais.
Relacionadas:
-
'Molla a palleta' e ponte 'como un quico' nun Pontedetapas no que comerás 'como unha raíña'
Por Alejandro Espiño |
-
Pontedetapas amplíase a tres fins de semana e abre o seu prazo de inscrición
Por Redacción |
-
Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín), gañadores do concurso De Tapas por Galicia
Por Redacción |
-
Rubén González e Sergio Orge representarán a Pontevedra na final do certame De Tapas por Galicia
Por Redacción |
-
Casa Román, El Cafetín de la Alameda e PTV, premios Pontedetapas 2015
Por Cristina Saiz |
-
Once días por diante para gozar da creatividade culinaria da hostalería local
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Todos a tapear por Pontevedra!
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |