Piden por carta a Lores que convoque un referendo sobre o convenio taurino
Por Redacción
O colectivo animalista Libera remitiu a semana pasada unha misiva ao alcalde para instarlle a iniciar o procedemento administrativo para convocar un referendum para que sexan os pontevedreses os que decidan sobre a idoneidade de que o Concello siga subscribindo convenios económicos cos responsables da praza de touros para empregar o recinto algúns días ao ano.
A reclamación xa reuniu máis de 67.000 rúbricas nunha petición da plataforma Change.org.
Os animalistas non descartan trasladar esta iniciativa directamente ao pleno da corporación a través dalgún dos grupos municipais, para "forzar" ao equipo de goberno a situarse sobre esta proposta "que busca que cada cidadán poida decidir máis aló das convocatorias electorais".
Relacionadas:
-
O goberno local ampárase no Consello da Feira Franca para xustificar o convenio coa Praza de Touros
Por Redacción |
-
82.000 firmas en Change.org non farán que o Concello renuncie o contrato coa praza de touros
Por Redacción |
-
Poñen en marcha unha campaña de 'crowdfunding' para pagar dous valos publicitarios antitaurinos
Por Redacción |
-
Propoñen non pagar impostos municipais se continúa o convenio taurino
Por Oskar Viéitez |