Activan o protocolo do frío para as persoas sen teito ante as intensas chuvias
Por Redacción
Non fai tanto frío como outros anos, pero as abundantes choivas que están a caer en Pontevedra nos últimos días levaron ao Concello a tomar a decisión de activar o protocolo de frío para asistir ás persoas sen teito que pasan a noite na cidade.
A concellería de Benestar Social, a través da Redeaxuda, acordou activar este dispositivo, de forma que, a partir desta noite, todas as persoas que se acheguen aos albergues dispoñibles na cidade e non atopen praza, poderán resgardarse no hostal co que o Concello mantén un convenio, achegando a correspondente credencial.
Todos aqueles que decidan manterse na rúa recibirán roupa e obxectos adecuados para soportar estas inclemencias meteorolóxicas o mellor posible como sacos de durmir térmicos, roupa interior, mantas ou vasos.
Na actualidade, a Policía Local ten contabilizadas preto de quince persoas que pasan a noite na rúa, aínda que o seu número fluctúa moito en función da época do ano.
Este hostal conveniado está pactado para un total de 28 noites ao ano. Ao longo de 2015, 18 persoas fixeron uso desta opción para protexerse do frío.
Relacionadas:
-
A Cruz Vermella de Pontevedra atendeu máis de 115 persoas sen teito en 2015
Por Redacción |
-
Pontevedra contará cun Centro de Día para persoas sen fogar
Por Redacción |
-
Inclúen cláusulas nos contratos do Concello para facilitar a integración de persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
Poucas incidencias polas copiosas choivas do domingo
Por Redacción |
-
FOTOS: Carallo como chove!
Por Redacción |