Poucas incidencias polas copiosas choivas do domingo
Por Redacción
A persistente choiva deste domingo orixinou algunhas consecuencias no municipio, segundo informou o Concello de Pontevedra.
- De madrugada, coa pleamar, pechouse ao tráfico a PO-11 (Autovía de Marín) restablecéndose a circulación ás 5:30 horas.
- Pola forte marea a Policía Local mantivo pechado ao estacionamento na rampla do peirao de San Roque.
- Rexistrouse a caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico en Almuiña, na estrada que conduce cara A Ruibal.
- Tamén caeu unha árbore en Acebedo, Ponche Sampaio, na estrada que sobe a Camboa.
- Pola tarde localizouse un pequeno desprendemento que non afectou o tráfico na Variante de Marín, á altura do viaduto de Almuíña.
- O río dos Gafos desbordou en Tomeza, polo que se cortou o acceso ao río.
Relacionadas:
-
As inundacións, a vista de 'drone': así de espectacular é o efecto da choiva
Por Redacción |
-
O risco de desbordamento do río Lameira obriga a suspender as clases no colexio Sequelo
Por Redacción |
-
FOTOS: Carallo como chove!
Por Redacción |
-
Activan o protocolo do frío para as persoas sen teito ante as intensas chuvias
Por Redacción |