Pontevedra contará cun Centro de Día para persoas sen fogar
Por Redacción
A cidade contará con novos recursos para Servizos Sociais a través da creación dun Centro de Día para persoas sen fogar. A concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, apuntou que este espazo estaría activo durante o día para aquelas persoas que se atopen en condicións difíciles e busquen alternativas "dignas". Este espazo contará con duchas, baños, roupeiro, lavandería, sala de lectura e unha pequena cociña para preparar cafés e bocadillos.
Este Centro de Día contará ademais cun servizo de asesoramento xurídico. Segundo explicou Carmen Fouces, con este servizo vai tentarse ofrecer axuda para persoas con condutas adictivas que se atopen en conflito.
O proxecto organízase a través dun convenio coa asociación Rexurdir. Os seus técnicos ofrecerán tamén servizos de educación social, apoio psicolóxico ou asesoramento para aquelas persoas que tenten cambiar de vida.
Na actualidade, Rexurdir conta cun centro na rúa Cruz Vermella. O Centro de Día podería crearse nesa mesma localización ampliando as instalacións actuais ou nun local alternativo, indicou a concelleira que calcula que no prazo de dous meses este proxecto atoparíase operativo.
Este centro daría servizo a 30 persoas ao día, a metade serían persoas sen teito que habitualmente se atopan en Pontevedra. O convenio con Rexurdir ascendería a 15.000 euros para ofrecer este novo servizo que completaría os que se ofrecen con horario nocturno a través de albergues para que estas persoas sen recursos pasen as noites baixo cuberta.
Relacionadas:
-
Pontevedra vive un "efecto chamada" coa mendicidade
Por Oskar Viéitez |
-
"Todos temos prexuízos de base"
Por Oskar Viéitez |
-
Recollen sinaturas contra o novo centro de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación entre os veciños do Cruceiro pola apertura no seu barrio do novo centro de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno debatirá a creación dun centro de atención para persoas sen teito
Por Redacción |
-
A Cruz Vermella de Pontevedra atendeu máis de 115 persoas sen teito en 2015
Por Redacción |
-
Activan o protocolo do frío para as persoas sen teito ante as intensas chuvias
Por Redacción |