Dispositivo especial de tráfico con motivo de Todos os Santos
Por Redacción
A Policía Local poñerá en marcha este sábado 31 e o domingo 1 de novembro un dispositivo especial de tráfico nas inmediacións dos cemiterios de San Amaro e de Lérez en previsión de que acuda un numeroso número de persoas aos camposantos con motivo da xornada festiva de Todos os Santos.
En ambos os casos habilítase un sentido único de entrada e outro de saída para evitar retencións e, ao mesmo tempo, facilitar o estacionamento.
No cemiterio de San Amaro, o acceso será desde a rúa San Amaro cara a rúa Camposanto polo que se impedirá o acceso de turismos procedentes de Pintor Laxeiro-Camposanto cara á o cemiterio desviando o tráfico á altura de cálea Pintor Ricardo Portela cara a Juan Carlos I.
Por outra banda, no cemiterio de Lérez permitirase o estacionamento no acceso a este espazo e o aparcadoiro polo que se establecerá un sentido único de circulación de tal maneira que o acceso se fará polo interior habitual da zona da Piolla e a saída seguindo esta mesma vía cara ao Outeiro no que accede novamente á estrada de Campo Lameiro.
Segundo o Concello de Pontevedra, a concesionaria do servizo de limpeza, Cepsa, limpou e rozou os accesos aos cemiterios municipais (San Amaro, Lérez, Campañó, Bora e Ponte Sampaio) para a súa posta a punto e incrementouse a presenza de colectores de lixo.
Por outra banda, este sábado 31 e o domingo 1 instalarase o tradicional mercadillo de flores de Todos os Santos na praza da Ferrería, que este ano quedou pequena para atender as solicitudes de praza presentadas polo que se ampliou o recinto ao Paseo Odriozola. En total instálanse 172 postos de venda de flores: 144 na praza e 28 no paseo.