Posta a punto nos cemiterios municipais de Marín
Por Redacción
As brigadas municipios e os funcionarios encargados do servicio de cemiterios, afánanse esta semana na posta a punto dos lugares municipais destinados a este fin.
Acondiciónanse os accesos, a mellora dos xardíns para que todo esté a punto para que as familias realicen as visitas estos días previos e durante a festividade de Defuntos.
Dende o Concello sinalan que haberá un dispositivo especial da Policía Local para que todo se leve a cabo de xeito ordenado, tratando de non ocasionar máis molestias de aquelas que sempre existen nas horas punta.
Este luns o concelleiro responsable Benito Touriño visitaba as melloras no Cemiterio Municipal da Raña coa colocación de barandillas que permiten mellorar a accesibilidade.
Relacionadas:
-
Se vas aos cemiterios estes días, ten en conta estas medidas
Por Redacción |
-
Xornada apacible que favoreceu a presenza de numerosas visitas aos camposantos
Por Diego Torrado |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo de Todos os Santos
Por Redacción |
-
Os cemiterios pontevedreses amosarán o seu mellor aspecto o día de Todos os Santos
Por Redacción |