Os galegos impulsan as doazóns de medula
Por Redacción
A Organización Nacional de Transplantes (ONT) informou esta semana de que, unha vez máis, España bateu un récord en doazóns, nesta ocasión, segundo os datos do Rexistro Español de Doantes de Medula Ósea (Redmo), alcanzáronse os 190.000 doantes de medula nos seis primeiros meses deste ano, cun ritmo de captación de novos doantes que supera os 3.000 ao mes.
Galicia é a comunidade española onde máis aumentaron, case un 20%, pero aínda poden ser máis. Con esa idea Pontevedra acolleu este sábado unha campaña de sensibilización.
O obxectivo do Plan Nacional de Medula Ósea posto en marcha en xaneiro de 2013 era duplicar os doantes de medula en España en catro anos, ao pasar dos 100.000 rexistrados nese momento aos 200.000 a finais de 2016. A meta está case conseguida un ano antes.
Relacionadas:
-
Un esforzo de 120 quilómetros pola doazón de medula
Por Redacción |
-
O CHOP realizou nove transplantes de medula ósea durante 2015
Por Redacción |
-
Soprando unha candea por Tony
Por Diego Espiño |
-
Marín supera a media galega de doazóns de sangue
Por Redacción |
-
A aventura solidaria de Germán Aneiros volve pasar por Pontevedra
Por Redacción |
-
De marcha contra a leucemia porque "unha soa vida xa merece a pena"
Por Diego Espiño |
-
A chuvia non pode co entusiasmo da Pontevedrada
Por Mónica Patxot |