De marcha contra a leucemia porque "unha soa vida xa merece a pena"
Por Diego Espiño
David Gil perdeu hai máis de 10 anos o seu irmán vítima da leucemia, e fai xa seis púxose mans á obra para achegar o seu gran de area na loita contra esta enfermidade.
"Empezamos catro hai seis anos", recoñece atordado tras comprobar que nesta ocasión foron máis de 200 os valentes que completaron os 35 quilómetros de percorrido entre o Centro Comercial A Laxe de Vigo e a Praza da Peregrina de Pontevedra na marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia'.
Algúns fixérono andando partindo dende a cidade olívica ás 9:00 horas, outros correndo con saída unha hora máis tarde.
Trátase dun pequeno xesto avalado polo número de doazóns de medula e o número de doadores en Galicia, que vai en aumento cada ano e "é realmente polo que loitamos", explica Gil.
En 2014 realizáronse case 200 transplantes de medula ósea na comunidade, dez deles no Compleho Hospitalario Universitario de Pontevedra, cifras que apoian o esforzo da marcha solidaria e das persoas que partician porque "unha soa vida xa merece a pena".
Así o explicou David Gil á súa chegada a Pontevedra, onde recibiu un pequeno recoñecemento do Concello en mans da edil Carmen Fouces.
Toda a recadación lograda por esta iniciativa se destina á Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI).
Relacionadas:
-
A marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia' di adeus: abre as inscricións para a súa última edición
Por Natalia Puga |
-
Unha marea solidaria de 700 persoas camiña entre Vigo e Pontevedra contra a leucemia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os galegos impulsan as doazóns de medula
Por Redacción |