Os medicamentos á carta, a debate en Pontevedra
Por Redacción
Pontevedra acolle, por segundo ano consecutivo, as Xornadas sobre Farmacotecnia e Elaboración de Medicamentos, que organiza o servizo de farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
O encontro científico foi inaugurado este xoves polo director de Procesos Asistenciais da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra, José Antonio Ortigueira, acompañado polo xefe de servizo de Farmacia do CHOP, Carlos Crespo, e o vicepresidente da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria, Miguel Ángel Calleja.
Con esta segunda edición, as xornadas consolídanse como un foro de debate e consenso sobre a preparación personalizada de medicamentos nos hospitais, a innovación tecnolóxica, a seguridade e o control de calidade.
No encontro científico, que desenvolverase ata o venres, participan 90 especialistas dos servizos de farmacia dos hospitais máis significativos a nivel autonómico e nacional, representantes da Axencia Española do Medicamento e membros da industria farmacéutica.
O obxectivo destas xornadas vai máis aló do abordaxe da calidade das preparacións farmacéuticas que se realizan nos hospitais. Trátase de presentar a interacción entre a xestión e a tecnoloxía farmacéutica, con obxecto de alcanzar a optimización do proceso de prescrición, preparación e administración de medicamentos, e garantir tamén a eficiencia na utilización dos recursos farmacoterapéuticos.
Relacionadas:
-
RADIO.- Escoita o que tes que saber sobre a asoladora realidade da industria farmacéutica
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra, referente na preparación individualizada de medicamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra acolle as primeiras xornadas de farmacotecnia e elaboración de medicamentos
Por Oskar Viéitez |