A industria farmacéutica aínda non cumpriu o seu centenario, pero xa se converteu na primeira industria mundial en termos de beneficios. Con esta premisa de partida, e os coñecementos do sector cos que conta Germán Velásquez, economista e filósofo, avánzase unha entrevista demoledora. E así resulta.
O consumidor debe saber que a día de hoxe o primeiro obxectivo desta industria é obter beneficios, logo tratar enfermidades; isto é, manter ao paciente consumindo fármacos. Estes son o 90% dos medicamentos que actualmente están no mercado. E finalmente tentar curar.
Un exemplo moi gráfico da realidade en que vivimos nos retrotrae ao ano 2012. Nos Estados Unidos estábase recentando a menores de idade un fármaco para o trastorno da Síndrome de Déficit de Atención e Hiperactividade, autorizado unicamente para maiores de idade. Chegouse a receitar a dous millóns de adolescentes co resultado de varios casos de suicidio. A farmaceútica británica GlaxoSmithKline previra esta continxencia e por iso realizara unha reserva de 15 mil millóns de dólares ante o que puidese ocorrer.
O que ocorreu é que tras tres anos de litixio condenóuselle ao pago de 3 mil millóns de dólares. Ao día seguinte do devandito pago, subiron as accións da farmacéutica na bolsa de Nova York; e outro dato, durante eses tres anos, a pesar de que se evidenciou que o medicamento era perigoso e fraudulento seguiuse vendendo, o que reportou 26 mil millóns en vendas a GlaxoSmithKline.
A investigación está tutelada polas farmaceúticas, polo que a esperanza a unha solución farmacolóxica a enfermidades do século XXI só depende da rendibilidade que poida reportarlles.
Velásquez recoñece por outra banda, que é tal a presión que exercen sobre os Estados e organizacións internacionais que non hai un país pertencente á Organización Mundial do Comercio que se atreva a retirar a patente dun medicamento a pesar de que teñen autoridade para facelo. Outro exemplo contundente desta situación relátao neste Cara a cara de PontevedraViva Radio, sucedido recentemente no seu país natal, Colombia.