O Príncipe Felipe terá 210 nenos en acollida
Por Redacción
O Príncipe Felipe acaba de resolver as solicitudes de admisión relativas aos rapaces de ata 18 anos que utilizarán o servizo dos centros de acollida durante o vindeiro curso 2015-2016. Os beneficiarios serán 210 rapaces con problemas familiares ou en risco de exclusión social que usarán as instalacións tanto en réxime interno como a modo de centro de día.
Segundo informou a Deputación Provincial, no caso do internado, a comisión de avaliación de Príncipe Felipe reunise nos últimos días para estudar de xeito individualizado as solicitudes. No caso do centro de día, a lista xa está pechada dende o mes de xuño e agora comezarase o proceso de apertura dos expedientes para iniciar o curso a pleno rendemento.
O Príncipe Felipe, o maior de Galicia na súa categoría, acolle nenos que carecen dun ambiente familiar axeitado, en risco de exclusión ou con algún tipo de dificultades co fin de proporcionarlle unha nova situación vital que lles permita adquirir un desenvolvemento integral. Parte deles chegan por indicación dos profesionais dos Servizos Sociais da Deputación e outra parte a través de ordes da Xunta de Galicia.
Ademais de estar nas casas de acollida, estes 210 nenos escolarizaranse nos centros educativos da cidade para recibir formación que vai dende Infantil e Primaria ata Secundaria, Bacharelato ou FP. Dende o Príncipe Felipe organízase unha ruta de transporte para levar e recoller aos menores dos seus respectivos colexios.
Relacionadas:
-
A nova rotonda de acceso a Príncipe Felipe custará 550.000 euros e será licitada este ano
Por Redacción |
-
Petición cidadá para que a Cidade Infantil Príncipe Felipe acolla refuxiados sirios
Por Redacción |
-
A transferencia de Príncipe Felipe e o emprego, na axenda da entrevista solicitada por Carmela Silva ao presidente da Xunta
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |