O alcalde de Barro pediu á Xunta a mellora da estrada PO-531 e a ampliación da Barosa
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, pediulle á Xunta de Galicia a mellora da estrada PO-531 "para garantir a seguridade viaria" e tamén a posta en marcha dun novo proxecto para ampliar a zona da Barosa.
O novo rexedor tamén solicitou información ao delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, sobre a situación das concentracións das parcelarias do municipio e sobre a posibilidade da asunción de gastos do centro de saúde por parte da Xunta.
Na reunión estivo tamén presente o tenente alcalde da localidade, José Sanmartín.
O responsable da Delegación destacou a colaboración da administración autonómica con este municipio, facendo referencia a proxectos como a posta en marcha dunha escola infantil, a execución do nó de Curro ou a colaboración na prevención de incendios forestais.