Os veciños de Postemirón claman contra o desafiuzamento dunha familia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de la Xunta acaba de comunicar á familia de Montse que van precintar a súa casa de Postemirón, en Vilaboa.
Segundo a Xunta, a casa está construída sobre solo rústico e carece de permiso. Esta circunstancia xa a sabían os propietarios cando iniciaron a construción da vivenda hai catro anos, pero discrepan da cualificación do chan.
Durante todo este tempo seguiron consolidando a vivenda, á que deron un segundo piso, mentres acudían aos despachos municipais para cambiar a consideración que teñen os terreos sobre os que está asentado. Nesta segunda batalla contan co apoio da Plataforma pola Aprobación do PXOM de Vilaboa.
A pasada semana chegou o aviso do precinto e agora Montse teme ser desafiuzada xunto á súa parella e a súa filla de catro meses. Reclama á Xunta a paralización do expediente de infracción suspendendo a actuación xudicial, e tamén que xunto ao Concello aproben un novo PXOM coa recualificación do solo no que está construída a súa casa, xa que asegura, "está dentro do núcleo urbano de Postemirón".
SITUACIÓN DO PLAN XERAL DE VILABOA
O goberno local de Vilaboa, que despois da eleccións do 24 de maio seguirá ostentando PSOE e BNG, responsabiliza a Xunta de Galicia de non querer aprobar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que ademais de vivendas como a de Montse, legalizaría os núcleos do litoral na zona entre San Adrián e Santa Cristina.
O Concello está a tramitar a redacción do novo PXOM dende o ano 2000. Mentres tanto, Vilaboa réxese por unhas normas subsidiarias de plan provinciais que datan do ano 1988.
Relacionadas:
-
Fiscalía pide a demolición dunha vivenda en Vilaboa e penas de prisión e multa para os seus propietarios
Por Redacción |
-
Os socialistas cualifican como "grave tomadura de pelo" a situación legal dos núcleos do litoral
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa a socialista Carmen Gallego de "facer demagoxia" cos problemas urbanísticos de Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
O PP rexeita no Parlamento a paralización do derrubo de vivendas esixida polo seu grupo municipal en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman no Parlamento galego a paralización dos expedientes urbanísticos en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE esixe que Patrimonio emita "de forma inmediata" o informe necesario para o PXOM de Vilaboa
Por Redacción |
-
Vilaboa ante a aprobación da Lei de Costas: "estamos discriminados e non se nos soluciona o problema"
Por Natalia Puga |
-
A Xunta da luz verde á ampliación de Connorsa e a creación de novos postos de traballo
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío apela ao espírito antiempacadora nas súas alegacións ao PXOM de Vilaboa
Por Redacción |
-
Pontevedra opónse a que o PXOM de Vilaboa sitúe unha zona industrial na beira dos Gafos
Por Alejandro Espiño |
-
Sólo se Vilaboa aproba o PXOM salvará os núcleos do litoral
Por Oskar Viéitez |
-
Reunión a múltiples bandas para analizar o impacto da Lei de Costas nos núcleos do litoral de Vilaboa
Por Redacción |