Pontevedra opónse a que o PXOM de Vilaboa sitúe unha zona industrial na beira dos Gafos
Por Alejandro Espiño
ÿ a principal preocupación do Concello de Pontevedra ante a tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vilaboa. Así o avanzou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, ante o informe preceptivo queten que emitir Pontevedra, como concello límitrofe, a este documento que o municipio vilaboense decidiu reactivar para dar solución aos núcleos do litoral.
César Mosquera destacou que, do mesmo xeito que ocorreu no seu día con Pontevedra, a Xunta emitiu un informe "demoledor" contra o PXOM de Vilaboa, o que obrigou ao seu goberno municipal a "gardalo nun caixón". Pero agora optaron por darlle tramitación "obviando de novo os ditaminado pola Xunta no seu día" e ademais dos 17 informes sectoriales que están obrigados a pedir, tamén deben informar os catro concellos límitrofes.
Os servizos técnicos municipais, "sen entrar non documento en si, senón tan só no que afecta ao noso concello", alertaron de dous conflitos cos intereses de Pontevedra. Aínda que un deles, segundo Mosquera, "non ten maior importancia". Referíase así á diferente cartografía que hai en ambos concellos, o que xera algunha disputa sobre os lindes, "aínda que nada comparado co que pasa con Marín ou Poio".
En todo caso, Pontevedra céntrase na intención de Vilaboa de declarar como zona industrial a contorna do río dos Gafos ao seu paso por dito municipio. Segundo Mosquera "queren legalizar unhas naves industriais que están aí", pero recorda que vai en contra da protección do río, da declaración de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) e dos informes da Xunta de Galicia. Algo que, insiste o Concello, é de obrigado cumprimento.