Numerosos devotos asisten á terceira procesión da Semana Santa, a do Nazareno
Por Diego Torrado
Ao redor de cen confrades acompañaron ás imaxes do Xesús Nazareno e da Virxe da Esperanza na terceira procesión desta Semana Santa que percorreu o centro histórico.
A confraría do Silencio co seu tradicional vestiario de cor negra con capirotes brancos e capa dourada realizou o percorrido ante a presenza de numerosos fieis que saíron á rúa para ver o paso.
A confraría da Maior Dor, a única en Pontevedra integrada só por mulleres, foi a encargada de flanquear a imaxe da Virxe de María Santísima da Esperanza. As devotas vestidas de negro, con mantillas, portaron velas que, a medida que anoitecía, realzaron o paso do talle.
Este mércores o programa da Semana Santa continúa ás 20.00 horas coa procesión da Santa Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz a Costas, que estarán acompañados pola Confraría da Maior Dor con saída e chegada na Basílica de Santa María. Tamén o Teatro Principal acollerá outra cita habitual durante estes días. A partir das 21.30 horas, o grupo pontevedrés Arume representará La Pasión.
Relacionadas:
-
A procesión do Resucitado pecha a Semana Santa pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
The Washington Post fíxase na singularidade da Semana Santa pontevedresa
Por Redacción |
-
Sete confrarías e un millar de confrades na procesión máis multitudinaria da Semana Santa
Por Diego Torrado |
-
Os Pasos volven por Xoves Santo
Por Diego Torrado |
-
A confraría da Vera Cruz sobe en volandas ao Cristo das Tres Caídas
Por Oskar Viéitez |
-
Centos de fieis asisten á bendición dos ramos no inicio da Semana Santa
Por Diego Torrado |
-
O bo tempo previsto para esta Semana Santa garante a celebración de todas as procesións
Por Redacción |