Sete confrarías e un millar de confrades na procesión máis multitudinaria da Semana Santa
Por Diego Torrado
A ÿltima Cea, a Oración de Xesús no Horto, Xesús Cautivo e a Flaxelación de Xesús, Xesús atado á columna, Ecce Homo, Cristo coa Cruz a Costas e Santo Cristo da expiración e Virxe da Soidade. Son os sete pasos que este Xoves Santo percorreron as rúas de Pontevedra na procesión máis multitudinaria da Semana Santa 2015. A procesión de Los Pasos encheu o percorrido de fieis e curiosos atraídos pola espectacularidade do acto litúrxico no que participan as sete confrarías pontevedresas.
Coa procesión deste xoves abriuse o Triduo Pascual, o período que entre este Xoves Santo e a madrugada do Domingo conmemora a paixón, morte e resurrección de Cristo, e abriuse coa afluencia de fieis que ven sendo habitual, fieis á tradición e á espectacularidade da cita.
A procesión citou ás confrarías da Maior Dor, A Nosa Señora do Amor Fermoso, El Silencio, Corpo Santo, Espírito Santo, O Noso Padre Xesúss coa Cruz a Costas Vera-Cruz e Misericordia a partir das 20.00 horas e reuniu un millar de confrades e numerosos devotos.
Tras a espectacularidade de Los Pasos, este Venres Santo chega con dúas citas centrais na xornada: a procesión do Encontro con Viacrucis Penitencial pola mañá e a do Santo Enterro pola tarde. A Adoración ante a Cruz na Basílica de Santa María pechará a xornada a partir das 23.00 horas en Santa María.
Pola mañá, a imaxe do Cristo coa Cruz ás costas sairá ás 9.00 horas acompañada polos homes dende a Basílica de Santa María e a da Virxe partirá dende San Bartolomé con acompañamento de mulleres. O Encontro verificarase na praza do Teucro con sermón.
A Procesión Xeral do Santo Enterro sairá ás 20.00 horas da Basílica de Santa María coa participación da imaxe Da nosa Señora do Amor Fermoso (confraría Da nosa Señora do amor Fermoso); Cristo Crucificado (Confraría do Corpo Santo); a Virxe da Maior Dor (Confraría da Maior Dor); A nosa Señora das Angustias (Confraría do Silencio); Cristo Xacente (Confraría Do noso Padre Xesúss coa Cruz ás costas); Virxe da Misericordia (Confraría da Vera-Cruz e Misericordia); e a Santa Cruz (Confraría do Espírito Santo).
O seu percorrido será o habitual partindo da avenida de Santa María e percorrendo a praza de España, Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, Soportales, Manuel Quiroga, Don Filiberto e Alhóndiga para finalizar na avenida de Santa María.
Relacionadas:
-
A procesión do Resucitado pecha a Semana Santa pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
A Procesión do Santo Enterro volve encher de fieis as rúas do centro histórico
Por Diego Torrado |
-
The Washington Post fíxase na singularidade da Semana Santa pontevedresa
Por Redacción |
-
O Santo Encontro congrega a centos de marinenses durante a madrugada
Por Diego Torrado |
-
Os Pasos volven por Xoves Santo
Por Diego Torrado |
-
Numerosos devotos asisten á terceira procesión da Semana Santa, a do Nazareno
Por Diego Torrado |
-
A confraría da Vera Cruz sobe en volandas ao Cristo das Tres Caídas
Por Oskar Viéitez |
-
O bo tempo previsto para esta Semana Santa garante a celebración de todas as procesións
Por Redacción |