Centos de fieis asisten á bendición dos ramos no inicio da Semana Santa
Por Diego Torrado
As rúas amenceron molladas pola chuvia da madrugada deste domingo 29, no que se inician os actos da Semana Santa. Non obstante, o día foi levantando e ao mediodía, centos de fieis saíron para achegarse ata as proximidades do adro de San Francisco para recibir a bendición dos ramos e as palmas.
A continuación desenvolveuse a procesión coa recreación da chegada de Xesucristo en Xerusalén subido á burriña. Como é habitual, os máis pequenos golpeaban a imaxe do animal con ramos e palmas durante o percorrido pola Praza da Peregrina, Soportais, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e Avenida de Santa María ata a súa chegada á Basílica onde se celebrou a misa tradicional.
Ao longo da semana espérase unha notable melloría do tempo coa presenza de ceos totalmente despexados e elevadas temperaturas que permitirán o normal desenvolvemento dos actos na rúa propios da Semana Santa pontevedresa que finalizará o domingo 5 de abril coa procesión do encontro do Resucitado coa súa Nai a Virxe María.
Relacionadas:
-
A procesión do Resucitado pecha a Semana Santa pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
Numerosos devotos asisten á terceira procesión da Semana Santa, a do Nazareno
Por Diego Torrado |
-
O bo tempo previsto para esta Semana Santa garante a celebración de todas as procesións
Por Redacción |
-
O bo tempo chegará ás Rías Baixas a partir do próximo sábado
Por Redacción | Creada e actualizada