Apágase a antena de Domaio por motivos de coordinación internacional
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo informou de que o 2 de marzo se apagará o centro emisor de Domaio por motivos de coordinación internacional con Portugal, dado que as emisións da TDT nas frecuencias actuais, poden interferir no seu servizo de telefonía móbil 4G.
Este proceso podería supoñer a perda temporal dalgunhas canles para aqueles cidadáns que residan en edificios de tamaño medio ou grande, con sistemas de recepción de televisión con amplificadores monocanles e centrais programables, e que non realizasen aínda a adaptación da súa antena colectiva. Estes edificios deberán contactar canto antes cunha empresa instaladora de telecomunicacións para adaptala.
Unha vez adaptada a antena colectiva, os cidadáns poderán recibir as canles de televisión cuxa frecuencia foi modificada e as novas canles de televisión que está previsto poñer en servizo no futuro segundo o novo plan técnico da TDT.
Nas vivendas unifamiliares e en edificios de pequeno tamaño, dotados con instalacións de banda ancha non é necesario realizar adaptacións nas antenas e polo tanto se os cidadáns resintonizaron o seu televisor co mando a distancia o pasado 26 de outubro poderán seguir recibindo todas as canles. Se non resintonizaron nesa data nin posteriormente, deben facelo canto antes.
Na web www.televisiondigital.es pódense consultar por código postal, as canles afectadas por este proceso en cada municipio. Tamén se poden consultar nos teléfonos de atención ao cidadán: 901 20 10 04 y 911 19 99 86.
A solicitude de axudas mantense ata o 30 de xuño.
Relacionadas:
-
A Xustiza autoriza ao Concello a cobrar 205.000 euros en taxas a Telefónica
Por Oskar Viéitez |
-
O 31 de marzo conclúe definitivamente o proceso do Dividendo Dixital
Por Redacción |
-
Perdeches o sinal das cadeas da TDT? Toca resintonizar as vosas televisións
Por Redacción |
-
Así afecta o Dividendo Dixital aos nosos televisores: Fases e axudas para a adaptación de antenas
Por Redacción |
-
O 44% dos pontevedreses teñen que adaptar a súa antena colectiva
Por Redacción |