A Xustiza autoriza ao Concello a cobrar 205.000 euros en taxas a Telefónica
Por Oskar Viéitez
A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou un recurso da empresa Telefónica Móbiles contra o Concello de Pontevedra polo cobro das taxas emitidas nos anos 2008 e 2009, senllas liquidacións ascendían a 205.000 euros.
No seu día, as empresas de telefonía móbil Vodafone e France-Telecom (Orange), obtiveron a suspensión cautelar da taxa municipal que a partir dese ano impoñía o Concello de Pontevedra polo uso do espazo público radioeléctrico, con todo Telefónica Móbiles non presentou recurso e cobróuselle a taxa.
O Concello esixiu a operadora o 1,5% do que factura no municipio.
Segundo informou o concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, agora o TSXG desestimou o recurso de Telefónica Móbiles confirmando que este cobro foi correcto.
A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.