Aberta a bolsa de emprego para que os empresarios seleccionen persoal formado en EmpregaMarín
Por Redacción
O Concello de Marín ten aberta a bolsa de emprego dentro do programa integrado EmpregaMarín co obxectivo de que os empresarios dispoñan dunha oferta de profesionais formados e titorizados polos técnicos desta iniciativa.
Esta proposta permite que os empresarios, sen custo ningún, poidan consultar os perfís de traballadores dispoñibles a través dos teléfonos 673.883.453 ou no 886.204.352.
Con este programa inténtase a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral.
EmpregaMarín está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego e contempla a posta en marcha dun plan integral que combinará accións de diversa natureza como información; práctica laboral; mobilidade xeográfica; orientación e asesoramento; formación en mantemento de embarcacións; operacións básicas de restaurante e en posto de traballo de caixeiro-repoñedor.
Relacionadas:
-
Sesenta persoas participan nunha nova edición do programa EmpregaMarín
Por Redacción |
-
Sesenta desempregados beneficiaranse do segundo programa EmpregaMarín
Por Redacción |
-
Marín contratará 16 traballadores a través do seu plan de emprego municipal
Por Redacción |
-
Bota a andar o programa "Empregamarin"
Por Redacción |