Sesenta persoas participan nunha nova edición do programa EmpregaMarín
Por Redacción
Este luns tivo lugar o acto oficial da posta en marcha da terceira edición do Programa Integrado de Emprego "EmpregaMarín", que conta novamente cun total de 60 participantes.
O programa ten un importe de 114.844 euros, dos cales 94.172 euros están subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e os 20.672 restantes pertencen a fondos do propio Concello.
O acto oficial contou coa presenza da alcaldesa de Marín, María Ramallo, o director xeral de Orientación e Promoción laboral, Jose Alfonso Marnotes e o xefe territorial, Ignacio Rial.
Os colectivos aos que vai orientado o programa son traballadores desempregados inscritos como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego menores de 30 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), ou persoas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA).
A finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín III é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral.
Relacionadas:
-
Haberá unha nova edición do programa de inserción laboral EmpregaMarín
Por Redacción |
-
Os alumnos do EmpregaMarín trasladan os seus coñecementos do pupitre á cociña
Por Redacción |
-
O alumnado de pastelaría do plan laboral Empregamarín afronta as prácticas coas mans na masa
Por Redacción |
-
Sesenta desempregados volven ás aulas en busca da integración laboral
Por Redacción |
-
Aberta a bolsa de emprego para que os empresarios seleccionen persoal formado en EmpregaMarín
Por Redacción |