Ponte Caldelas quere unha pista de pádel ao aire libre
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas solicitará á Vicepresidencia da Xunta a construción dunha pista de pádel ao aire libre nos terreos municipais que se encontran entre o pavillón deportivo e a pista de tenis ao aire libre en Chan da Barcia.
Segundo expón o alcalde Perfecto Rodríguez a pista de pádel ao aire libre contaría cun presuposto de ao redor de 49.000 euros e tería un uso gratuíto para os veciños do municipio, igual que sucede coa de tenis na actualidade. Ademais, a obra permitiría, segundo o goberno local, para axeitar o terreo e mellorar a imaxe da zona cun formigón raiado.
Perfecto Rodríguez sinala que a subvención da Vicepresidencia da Xunta cubriría o 80% do investimento e o Concello tería que encargarse do 20% do custo total, ademais do IVE.
Dende o goberno de Ponte Caldelas indícase que a obra só se executaría se se concede a subvención, porque así a cantidade que tería que achegar o Concello "sería perfectamente asumible".
O complexo deportivo de Chan da Barcia conta cun campo de fútbol de herba sintética, pavillón deportivo renovado e pista de tenis acondicionada, ademais dunha pista multideportiva e un parque biosaludable na zona próxima ao río Verdugo.
Relacionadas:
-
Perfecto Rodríguez reivindica a súa última obra tras deixar a Alcaldía de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A Xunta subvenciona a construción dunha pista de pádel en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas aproba, só cos votos do PP, destinar o seu remanente orzamentario a investimentos
Por Redacción |
-
As pistas polideportivas de Ponte Caldelas serán de uso libre e gratuíto
Por Redacción |
-
A pista de tenis o aire libre de Chan da Barcia será de uso gratuíto e de acceso libre
Por Redacción |