A dirección do CHOP asegura que está a cumprir "rigurosamente " as sentenzas xudiciais
Por Oskar Viéitez
A área de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (EOXI) emitiu un comunicado no que asegura que está a cumprir "rigurosamente " as sentenzas xudiciais sobre reclamacións en materia de permisos por días de libre disposición.
"Estás reclamacións están xeneralizadas en todas as institucións do Servizo Galego de Saúde, se inician no ano 2004 e os seus argumentos poñen en cuestión o Acordo de Concertación Social 2001, pactado polo Servizo Galego de Saúde con todos os sindicatos e que se está a aplicar en todas as áreas sanitarias", dí o escrito.
Neste mesmo comunicado sinalan que a EOXI de Pontevedra-Salnés está a realizar o requerido polas sentenzas do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, "realizando un informe individual de cada un dos reclamantes sobre o cómputo dás xornadas e horas efectivamente traballadas nos cinco anos anteriores á reclamación ".
"O solicitado polos denunciantes podería supoñer un dobre disfrute dos citados permisos"
Os devanditos informes son remitidos tanto ao propio traballador coma aos tribunais de Xustiza. "Algúns dos que xa recibiron o informe e que non están conformes, presentaron alegacións no xulgado Contencioso-Administrativo, que aínda non se pronunciou ao respecto", apuntan estas mesmas fontes.
Finalmente o escrito remata dicindo que "os datos recabados para a realización destes informes demostran que, con carácter xeral, os traballadores da EOXI de Pontevedra e O Salnés xa gozaron dos permisos por días libre disposición de acordo coa normativa aplicable e dentro da xornada laboral efectiva, polo que o solicitado polos denunciantes podería supoñer un dobre disfrute dos citados permisos. As consecuencias negativas que iso podería ter para a administración sanitaria pública, obriga a ser extremadamente rigoroso na verificación de todos os datos", conclúe.
Relacionadas:
-
O Xulgado dá a razón o Chop na execución de sentenzas sobre as reclamacións por días de libre disposición
Por Oskar Viéitez |
-
Un total de 203 traballadores do CHOP denuncian ante o Xulgado ao equipo directivo
Por Oskar Viéitez |
-
"Temos que paralos, se teñen éxito en Vigo, despois privatizarán en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os recortes nas nóminas do Sergas fan que Pontevedra perda 5 millóns de euros ao ano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |