O Xulgado dá a razón o Chop na execución de sentenzas sobre as reclamacións por días de libre disposición
Por Oskar Viéitez
Segundo acaba de dar a coñecer o Complexo Hospitalario de Pontevedra, o Xulgado Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra, en dous autos xudiciais de data 16 de febreiro de 2015, dá a razón á Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés na execución de senllas sentenzas sobre as reclamacións por días de libre disposición. O auto pon fin ao procedemento declarando o arquivo, sen que contra este caiba interpoñer recurso de apelación.
Esta misma fonte sinala que esta resolución xudicial aclara que, xa na súa anterior sentenza, establecía que non cabía recoñecer compensación ningunha ás demandantes, ao non se acreditar a existencia dun exceso de xornada anual para o desfrute dos días de libre disposición.
En cumprimento desta sentenza, e dunha sentenza posterior do TSXG, a Xerencia remitiu aos tribunais de xustiza e aos propios demandantes, un informe individual de cada un dos reclamantes sobre o cómputo das xornadas efectivamente traballadas nos cinco anos anteriores á reclamación, no que se establece que os días de libre disposición foron concedidos e gozados, sen que a súa concesión se tivese condicionado á realización dun exceso de xornada e, polo tanto, sen que caiba compensación económica nin horaria de ningún tipo.
O auto do xulgado do Contencioso-Administrativo decreta o arquivo do procedemento, sen que contra este caiba interpoñer recurso de apelación.