"Temos que paralos, se teñen éxito en Vigo, despois privatizarán en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Os sindicatos CIG-Saúde, Comisións Obreiras, Satse, UGT e SAE celebraron este xoves concentracións ás portas dos hospitais de Montecelo e Provincial, en Pontevedra en defensa do emprego na Sanidade pública e en "solidariedade cos compañeiros de Vigo que están afectados pola privatización do novo hospital".
Os representantes dos traballadores denuncian a privatización de persoal estatutario coa apertura do hospital de Vigo e por iso berraron consignas como "temos que paralos" xa que interpretan que "se teñen éxito en Vigo, despois privatizarán en Pontevedra".
A súa sospeita susténtase no destino de ao redor de 300 postos de traballo de persoal estatutario do Sergas que, critican, serán "privatizados" coa apertura do novo hospital de Vigo. Refírense ao persoal dos servizos de hostalaría, lavandaría, mantemento e subministracións que serían asumidas pola concesionaria do novo centro hospitalario. A alternativa ofrecida polo Sergas para permanecer na sanidade pública é aceptar postos de categoría similar.
As concentracións tamén serviron para reclamar outras cuestións como a devolución dos moscosos ou días de libre disposición (LDs) dende o ano 2007 ao 2011.
Os traballadores do Complexo Hospitalario de Pontevedra agardan que o xulgado resolva as peticións de execución de sentenzas que xa gañaron en diversas demandas colectivas.
Trátase de sentenzas firmes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que condenan ao Servizo Galego de Saúde a devolver eses días ao consideralos como xornada efectiva.
Relacionadas:
-
A Xustiza dá a razón ao CHOP na reclamación dos moscosos de 20 traballadoras
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública convoca unha nova manifestación contra os recortes sanitarios
Por Redacción |
-
A dirección do CHOP asegura que está a cumprir "rigurosamente " as sentenzas xudiciais
Por Oskar Viéitez |
-
Un total de 203 traballadores do CHOP denuncian ante o Xulgado ao equipo directivo
Por Oskar Viéitez |
-
Esixen a fin dos contratos por días e horas no Sergas
Por Redacción |
-
Os recortes nas nóminas do Sergas fan que Pontevedra perda 5 millóns de euros ao ano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O BNG pregunta pola influencia dos recortes e privatizacións nas últimas mortes en Montecelo
Por Natalia Puga |