A rotonda de Pazos ponse guapa
Por Redacción
Alumnos do módulo de xardinaría do Obradoiro de Emprego de Ponte Caldelas procederon nos últimos días a acondicionar a glorieta de Pazos, na confluencia das estradas PO-255 e PO-244 que comunican este municipio cos veciños da Lama e Soutomaior.
Os traballos consisitieron na mellora das zonas axardinadas con plantas ornamentais e a aplicación de técnicas decorativas con pequenas pedras de cor branca que melloran a imaxe nunha das entradas á vila.
Esta rotonda foi construída nas obras de mellora de seguridade vial da estrada Ponte Caldelas-Caritel-Forzáns.
A intención do goberno local é estender este tipo de actuación a outras rotondas similares, como a de Cuñas, dentro do programa de mantemento dos espazos verdes e axardinados do municipio.
Relacionadas:
-
O goberno local de Ponte Caldelas quere que a Deputación repare a estrada de Pazos antes de que sexa transferida
Por Redacción |
-
Nova imaxe para a glorieta de Cuñas
Por Redacción |
-
Conclúe o pavimentado da estrada de Pazos
Por Redacción |
-
O Concello pedirá o traspaso da estrada entre Ponte Caldelas e Pazos
Por Redacción |