O Concello pedirá o traspaso da estrada entre Ponte Caldelas e Pazos
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, supervisou o inicio das obras de mellora da estrada provincial CP-0202 Ponte Caldelas-Pazos, que dá acceso a este núcleo de poboación, e que a Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Construcciones y Excavaciones Pérez Portela, S.L., cun presuposto de 134.000 euros.
Unha vez finalicen as obras, o Concello pedirá á Deputación o seu traspaso a titularidade municipal.
As obras que acaban de comezar consideran unha nova pavimentación duns 800 metros lineais do vial, así como a renovación das canalizacións da rede de recollida de pluviais e do saneamento existente na zona. Os traballos consideran a separación das augas pluviais e fecais que, na actualidade, van xuntas en varios puntos da rede de sumidoiros.
Con esta substitución das canalizacións preténdese mellorar o funcionamento destes servizos evitando que se filtren ao saneamento cantidades de auga procedentes da chuvia que debe evitarse que cheguen á depuradora. Algo similar se fixo xa aproveitando a reforma da PO-255 dende a rúa López Boullosa ata a recta de Pazos.
Este vial, de titularidade provincial, foi utilizado para desviar o tráfico durante a execución da ampliación da estrada PO-255, entre Ponte Caldelas e Forzáns, o que fixo que soportase unha presión sobre o seu asfalto máis intensa do normal, o que provocou a súa actual situación de deterioro.
Relacionadas:
-
O goberno local de Ponte Caldelas quere que a Deputación repare a estrada de Pazos antes de que sexa transferida
Por Redacción |
-
A rotonda de Pazos ponse guapa
Por Redacción |
-
Conclúe o pavimentado da estrada de Pazos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas iniciará en outubro as obras de mellora da estrada de Pazos
Por Redacción |
-
A Deputación investirá 135.000 euros na mellora da estrada de acceso a Pazos
Por Redacción |