Comeza a retirada de paneis de obra e ultiman susbtituir as 'cuchillas' na ponte das Correntes
Por Redacción
Os carteis e valos de obras que se encontran repartidos por Pontevedra teñen os días contados. Operarios municipais iniciaron este mércores a retirada dunha vintena destes elementos. Forma parte da primeira fase dunha actuación, enmarcada dentro do programa +Boavila, que busca acabar con este feísmo urbano e con certos elementos do mobiliario que poden resultar perigosos.
Segundo explicou Luis Bará, a retirada destes carteis e valos comezou diante do edificio administrativo da Xunta en Campolongo e continuará cos paneis de obra situados na desembocadura do río Gafos na avenida de Marín, na rotonda de Placeres, no campus universitario, no ámbito da praia fluvial ou na Ponte das Correntes. Son tanto grandes cartelones coma tamén paneis máis pequenos.
Son carteis informativos de actuacións realizadas no seu día polo Concello de Pontevedra e outras administracións, así como paneis das propias empresas construtoras. Ademais, aproveitarase para retirar elementos do mobiliario urbano que estean rotos ou deteriorados e que supoñen supoñer un risco para calquera cidadán.
'COITELAS' NA PONTE DAS CORRENTES
Ademais, o Concello de Pontevedra deu orde para que a próxima semana comecen os traballos de substitución dos valos de protección da ponte das Correntes que, serán reparadas xa que, segundo Bará, co tempo se foron deteriorando e supón un perigo para a seguridade vial, especialmente para os motoristas. Precisamente este colectivo alertara xa desta situación o goberno municipal.
Relacionadas:
-
Fomento non instalou en Pontevedra nin un só quilómetro de barreiras de protección de motoristas, segundo o PSOE
Por Redacción |
-
Retiran 20 paneis publicitarios de distintos puntos da cidade
Por Redacción |
-
Os valos protectores da ponte das Correntes, arranxados
Por Redacción |
-
O arranxo dos valos protectores da Ponte das Correntes non provocará cortes de tráfico
Por Redacción |
-
Escenificación moteira contra as 'coitelas' da ponte das Correntes
Por Redacción |
-
+Boavila, un proxecto para acabar co feísmo e mellorar a calidade urbana e a convivencia nos barrios
Por Alejandro Espiño |