O arranxo dos valos protectores da Ponte das Correntes non provocará cortes de tráfico
Por Redacción
Este luns, 24 de novembro, comezan os arranxos dos valos da Ponte das Correntes, na rotonda da avenida de Domingo Fontán. Trátase dun traballo que se prolongará durante varios días e que non obrigará cortes de tráfico nesa contorna.
Os traballos iniciaranse co desmonte das pezas que se encontran danadas e que non cumpren a súa función para continuar coa posterior instalación doutras novas. Esta reparación pódese prolongar ao longo de toda a semana.
Algúns destes valos de protección encóntranse rotos debido aos accidentes de tráfico que se teñen rexistrado na rotonda. Segundo informa o goberno local, o Concello xa realizara traballos de mantemento constante acometendo arranxos coa substitución das pezas deterioradas durante os últimos anos.