A alcaldesa de Sanxenxo reclama a Rueda a execución urxente do proxecto de seguridade viaria na PO-308
Por Redacción
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, reuniuse con Alfonso Rueda, o vicepresidente da Xunta de Galicia, que exerce temporalmente as funcións asignadas á consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para reclamar a urxente execución do proxecto de seguridade vial da PO-308.
A primeira fase deste proxecto corresponde ao tramo comprendido entre Major e A Lanzada, dende a rotonda que dará acceso ao lugar de Soutullo ata o entroncamento da Vía Rápida.
Durante o encontro mantido en Pontevedra, a rexedora local incidiu na transcendencia do proxecto nunha zona que concentra gran parte da actividade hoteleira do municipio turístico e que é a estrada de acceso ás praias. Catalina González recordou que o Concello de Sanxeno xa puxo a disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios, cedidos pola Comunidade de Montes e os veciños, tras a modificación do proxecto no primeiro espazo de actuación de cara a dotalo de máis prazas de aparcadoiro, paseo peonil e unha glorieta de entrada a Pragueira.
A alcaldesa entende que xa non hai razóns para manter paralizado este proxecto vital para o municipio, que confirmou que Alfonso Rueda trasladará esta petición á conselleira Ethel Vázquez no momento en que se incorpore á actividade autonómica.
RÿA PROGRESO
Ademais, a rexedora de Sanxenxo aproveitou este encontro para solicitar a realización dunha reforma integral na céntrica rúa Progreso ao entender que é unha arteria fundamental da vila e que é obxecto de constantes arranxos debido ao pésimo estado dos seus servizos e que carece doutros tan importantes como o de recollida de augas pluviais.
A vía pertence á rede autonómica de estradas, soporta ademais un fluxo constante de tráfico intenso, que "contribúe notablemente á súa deterioración". Catalina González tamén formulou a Rueda a opción da rúa pase a ser de titularidade municipal cando se acometa a remodelación.
Relacionadas:
-
Poio reactiva as mobilizacións para reclamar seguridade na PO-308
Por Redacción |
-
Pequenas retencións por un accidente con tres feridos leves na Granxa
Por Redacción |
-
Métenlle presa a Catalina polas obras de seguridade viaria da PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
Descontento do Concello e os veciños de Sanxenxo coa Xunta pola PO-308
Por Oskar Viéitez |