Poio reactiva as mobilizacións para reclamar seguridade na PO-308
Por Redacción
Este mércores mantívose no salón de plenos do Concello de Poio unha xuntanza á que asistiron os portavoces dos tres grupos municipais e colectivos e asociacións do municipio constituidos na Plataforma pola Seguridade Viaria.
Na xuntanza valorouse que a situación da estrada de titularidade autonómica, ao paso polo municipio, lonxe de mellorar a súa seguridade coas pequenas actuacións realizadas pola Xunta de Galicia recentemente, é cada vez máis perigosa tanto para os vehículos que transitan por ela como para ciclistas e viandantes.
Nos últimos meses, aumentou a siniestralidade na PO-308 con consecuencias moi graves e mesmo mortais.
A falta dun proxecto de urbanización integral cos pasos de peóns con sinalización e iluminación insuficiente e ausencia de beirarrúas en longos tramos do seu percorrido, fai que todos os usuarios da estrada estean expostos diariamente a situacións de alta perigosidade.
Por esta estrada autonómica circulan uns 20.000 vehículos ao día.
Por esta estrada autonómica circulan uns 20.000 vehículos ao día
A Corporación Municipal do Concello de Poio e os colectivos e asociacións asistentes apoian a manifestación deste sábado 20 de decembro en Raxó, convocada pola familia da víctima mortal do accidente de Raxó.
Ademais, na xuntanza acordouse realizar unha nova petición de entrevista coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e na vindeira comisión de urbanismo efectivizarase o acordo plenario aprobado unanimemente no pasado pleno de novembro de remitir unha proposta conxunta pola mellora da seguridade na PO-308.
Relacionadas:
-
O concello de Poio priorizará os tramos da PO-308 para que a Xunta os reforme
Por Oskar Viéitez |
-
Poio terá que esperar pola reforma da PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
Perde o control do vehículo e impacta contra unha furgoneta na Avenida Porteliña
Por Redacción |
-
Suplican entre bágoas "máis seguridade" na estrada entre Pontevedra e Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Pequenas retencións por un accidente con tres feridos leves na Granxa
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Sanxenxo reclama a Rueda a execución urxente do proxecto de seguridade viaria na PO-308
Por Redacción |
-
Ferido un home nunha colisión rexistrada en Poio
Por Redacción |