Pechan Conservas Cuca e trasladan ao seu persoal a O Grove
Por Oskar Viéitez
A dirección de Conservas Cuca comunicou ao comité de empresa o peche da planta en Vilaxoán e o traslado das 110 operarias á fábrica do Grove.
Ademais a firma vasca Garavilla, propietaria desde hai un ano da conservera vilagarciana, comunicou que presentarán dous Expedientes de Regulación de Emprego, un "temporal" por seis meses e para cerca do 100% de empregadas, e outro ERE "de traslado" para permitir a mudanza da maquinaria e a súa posta en funcionamento.
O voceiro do sindicato Comisións Obreiras, Francisco Vilar, asegurou que a noticia colleulles a todos "por sorpresa" polo que non tiveron marxe para estudar a documentación coas explicacións facilitada pola empresa.
Está aberto xa o prazo destinado a consultas que se poderá prolongar entre 15 e 30 días, unha vez que expire este tempo, a empresa poderá fixar a data do traslado e os consiguientes ERE.
Comisións Obreiras convocou para o venres unha asemblea de traballadoras en Vilagarcía. O próximo día 13 de decembro está prevista unha reunión coa dirección do Grupo Garavilla.
Relacionadas:
-
Traballadoras de Cuca ou a loita por preservar unha vida: "veunos aquí a regra e veunos aquí a menopausia"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Cuca garante a Fole que conservará o 100% da plantilla de Vilaxoán
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Vilagarcía pedirá explicacións sobre o futuro de Conservas Cuca
Por Oskar Viéitez |