Máis de 100 investigadores de 24 países participarán no Symposium on Protein Cropws
Por Redacción
O Pazo da Cultura acolle do 4 ao 7 de maio de 2015 o congreso Symposium on Protein Cropws organizado a través da Misión Biolóxica no que se tratarán temas relacionados coa bioinvestigación dos cultivos proteicos.
O investigador do CSIC na Misión Biolóxica, Antonio de Ron, presentou acompañado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, no Concello este congreso que garda similitudes co primeiro que se celebrou na historia do Pazo da Cultura no ano 1998. Neste trataranse temas, entre outros, relacionados coa fertilización biolóxica e o medio ambiente, co glute, a resistencia dos cultivos aos insectos ou as proteínas con efectos adversos sobre o trigo.
Daranse cita oito relatores a través de oito mesas redondas e máis de cen investigadores de Europa, Asia e África, ademais da cal a organización está a intentar confirmar a participación de investigadores australianos. Os relatores visitarán a cidade, o Museo e o xardín da Misión Biolóxica de Salcedo.
Antonio de Ron explicou que os traballos que se realizan na Misión Biolóxica en Pontevedra, onde traballan 90 empregados, buscan unha aplicación práctica aínda que o seu obxectivo é crear coñecemento e explicou os traballos que realizan con distintas leguminosas coa intención de buscar a orixinalidade como, por exemplo, a elaboración do chícharo que se consume en fresco e que alcanza un prezo de venda de 300 euros/quilo.
Relacionadas:
-
Expertos científicos internacionais analizan en Pontevedra as proteínas vexetais para o futuro
Por Redacción |
-
Científicos pontevedreses descifran os segredos do herbario máis antigo do mundo
Por Redacción |
-
Un congreso a celebrar en Pontevedra amosará como os grelos e as nabizas axudan a previr o cancro
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno aposta por dous proxectos pontevedreses para mellorar o cultivo do millo
Por Redacción |
-
A Misión Biolóxica avoga pola mellora xenética do millo para evitar riscos alimentarios
Por Redacción |