Quen non quere unha aperta 'de balde'?
Por Oskar Viéitez
Os alumnos estranxeiros do Campus viñeron a Pontevedra cos brazos abertos.
Neste espírito de acollida estes mozos universitarios participaron no xa tradicional 'Apertas de balde' que partindo da praza da Peregrina percorreu as rúas do centro da cidade para "dar amor, falar e socializar un pouquiño cos pontevedreses".
"Unha aperta cúrao todo", berraban.
Os Erasmus levaron carteis en diferentes idiomas así que, para participar só había que pasar ao seu lado.