As obras en Santa Clara sufrirán un atraso de dúas semanas pola aparición de restos do Camiño de Castela
Por Redacción
O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, estima que o final das obras de Santa Clara se atrase dúas semanas xa que é necesario acometer unha escavación máis profunda para comprobar a relevancia dos lousados de pedra aparecidos no tramo situado nas proximidades da Praza de José Martí. Segundo os primeiros vestixios, os arqueólogos entenden que pode tratarse dun tramo do Camiño Vello de Castela.
O protocolo que establece Patrimonio da Xunta de Galicia obriga a realizar esta escavación para que estes restos se analicen e se computen como patrimonio do Concello.
Antón Louro engadiu que será necesario un investimento de ao redor de 54.000 euros e que están a tramitalo para que os técnicos poidan dar o impulso definitivo a este tramo da rúa, que estaba previsto que finalizase arredor do mes de setembro.
O concelleiro indicou que o resto de obras en execución, na Avenida de Lugo, Álvarez Limeses e en Víctor Cervera Mercadillo, estarán rematadas antes de finais de ano. E sinalou que a segunda parte das obras de reforma da rúa Blanco Porto están en fase de contratación.
Relacionadas:
-
Sería unha boa noticia que aparecesen valiosos restos arqueolóxicos en Santa Clara?
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller sofre feridas leves ao desprezarse unha estrutura metálica das obras de Santa Clara
Por Redacción |
-
Louro confía "plenamente" en que "antes do Nadal" as obras de Santa Clara estean executadas
Por Redacción |
-
Os comerciantes de Santa Clara protestan polo atraso da reforma da rúa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Comerciantes de Santa Clara solicitan unha reunión con Louro para pedirlle que se axilicen as obras
Por Redacción |
-
Escavarán parte de Santa Clara ante a aparición dos últimos achados arqueolóxicos
Por Redacción |
-
Patrimonio avaliará a importancia de dous enlousados pétreos aparecidos nas obras de Santa Clara
Por Redacción |