A empresa prevé que os despedimentos en Catova Pontevedra sexan inferiores a 10 traballadores
Por Redacción
A partir de setembro comezará todo o proceso de despedimento colectivo que o Grupo Brea, a empresa propietaria do concesionario oficial de Seat en Casas Novas (Mourente), vai aplicar con motivo da caída de vendas e coa intención de ofrecer unha viabilidad en todo o grupo empresarial, segundo alegou na mañá deste luns 25 aos representantes dos traballadores nunha reunión informal mantida nas instalacións da entidade.
A negociación, segundo indicou o secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, desenvolverase en Santiago de Compostela e alí decidirase que traballadores do actual persoal de 17 empregados que Catova ten en Pontevedra terá que sumarse ás listas de espera. A empresa intentou tranquilizar á parte laboral inidcando que se rebaixará a cifra de dez despedimentos que inicialmente estudouse por parte da empresa. Con todo, a entidade non ofrece un dato concreto do número de afectados por esta medida derivada da mala situación económica.
Durante a tarde deste luns, os representantes sindicais manterán unha asemblea cos traballadores para estudar a situación.