Despedimento colectivo no concesionario de Seat
Por Redacción
A empresa propietaria do concesionario oficial de Seat en Casas Novas (Mourente) aplicará un despedimento colectivo que supoñerá unha redución drástica de persoal. Segundo adianta Serafín Alonso en Diario de Pontevedra, a firma, Catova, xa instou os traballadores a que constitúan unha comisión de negociación.
A intención da empresa é que dos 18 empregados directos das instalacións de Mourente (un taller e un concesionario), 10 verían rescindido o seu contrato e aboaríaselle unha indemnización por despedimento de 20 días por ano traballado, o establecido pola última reforma laboral.
Fontes sindicais consultadas polo rotativo apuntan á existencia de rumores de que o grupo empresarial ao que pertence Catova podería pechar algún dos centros de traballo que ten a nivel autómico. Na actualidade ten instalacións en Pontevedra, Santiago de Compostela e Ribeira. Segundo a mesma información, a empresa nega un peche e sinala que non se presentou nada de forma oficial en canto ao despedimento colectivo.