O Concello reclama á Xunta que restaure a ponte danada de Ponte Sampaio
Por Redacción
O concelleiro de Patrimonio, Luis Bará, reclama a Xunta de Galicia que repare a Ponte de ponte Sampaio, que sufriu dous accidentes durante os últimos tres meses provocando danos na varanda desta obra medieval.
Segundo explicou o concelleiro, ademais de que un vehículo impactase o día de Noiteboa contra a varanda, repetiuse outro incidente nos últimos días con outro turismo que aumentou os danos na ponte.
Bará quixo ironizar en referencia ás fotografias que realizan os concelleiros do Partido Popular en distintos puntos do municipio que precisan melloras que "nós non vamos facer ningunha foto alí" sinalando que dende a Consellería de Territorio e Infraestruturas quixeran asumir esa obra, a pesar da intención do Concello de afrontala, e despois dun trimestre segue sen acometerse.
O Concello ten previsto afrontar tamén unha actuación na Ponte do Couto, nas proximidades ao albergue de Peregrinos, para mellorar o ámbito aproveitando as obras que se van realizar no vial. Bará sinalou que desenvolverán obras de limpeza na zona próxima á que se atopa un asentamento de choupanas.
Relacionadas:
-
O BNG insta á Xunta a elaborar un proxecto de conservación da ponte de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Esixen á Xunta a "restauración inmediata" da ponte medieval de Ponte Sampaio ante o seu "abandono"
Por Redacción |
-
A Xunta conclúe os traballos de rehabilitación da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O PSdeG-PSOE pide a restauración integral da ponte de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O PP esixe celeridade ao Concello para o arranxo da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción |