Un operativo contra o furtivismo na ría de Arousa sáldase coa identificación de 38 persoas
Por Redacción
Axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración con axentes da Policía Autonómica realizaron este pasado luns un operativo na ría de Arousa, dende Carril ata Ribeira, que se saldou coa identificación de 38 persoas que estaban exercendo a actividade furtiva.
Ademais os axentes comisaron 52 quilos de ameixa e requisaron 14 sachos.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.
Relacionadas:
-
Requisan en Vilagarcía 1.000 vieiras furtivas procedentes de Ferrol
Por Redacción |
-
Identifican 51 furtivos na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
Interceptados 130 quilos de vieiras con toxina procedentes do furtivismo nos Praceres
Por Redacción |
-
48 persoas identificadas nunha operación contra o furtivismo na ría de Arousa
Por Redacción |
-
Interveñen marisco furtivo fondeado no porto de Tragove
Por Redacción |