A Gala do Chapante en Cuntis recoñece a traxectoria do Café "Quico"
Por Anxo Lourido
O Concello de Cuntis está de celebración con motivo da XXV edición da Festa do Lacón con Grelos. Entre os actos relacionados con este evento, durante a noite do venres celebrábase no Centro Sociocultural Patelas a Gala do Chapante.
Este acto festivo converteuse nunha homenaxe ao Café "Quico", un local que leva máis dun século de vida e que se converteu nun espazo de encontro e referente para moitas xeracións de cuntienses, segundo manifestaba o alcalde de Cuntis Manuel Campos durante a súa intervención no acto.
O Café "Quico" foi escenario da repartición de premios importantes da Lotaría, ademais de converterse nun punto que viu a evolución e o crecemento da vila durante o paso das décadas.
Numerosas persoas acudiron á Gala do Chapante, que contou coa actuación da agrupación Chumpá Teatro.
Este sábado 2, a Rúa Pedro Campos acollerá o concerto estelar de Antonio José dentro da programación da Festa do Lacón con Grelos. A entrada é libre ata completar a capacidade do recinto.
Relacionadas:
-
Día grande de celebración gastronómica na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Ramiro Espiño & Anxo Lourido |
-
Antonio José triunfa na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
Concerto de Antonio José con entrada libre este sábado na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Anxo Lourido |
-
Cuntis recoñece a un mítico da súa hostalería, o Café Quico, no inicio da XXV Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
Cuntis presenta unha ampla programación para celebrar os 25 anos de vida da Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
Cuntis quenta motores para a Festa do Lacón con Grelos cun exitoso Tapalacón
Por Redacción |