Cuntis presenta unha ampla programación para celebrar os 25 anos de vida da Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, deu a coñecer este martes os últimos detalles da programación da Festa do Lacón con Grelos, un dos eventos gastronómicos máis lonxevos e cun maior atractivo non só da bisbarra do Umia, senón tamén en toda Galicia.
Unha cita que rende homenaxe a unha especialidade típica galega, como é o lacón, pero que co paso dos anos foi medrando ata dar forma a unha programación que se estenderá desde o venres, coa Gala do Chapante (21.00 horas), ata o domingo, día grande da festa. Nesa xornada, a carpa abrirase ás 14.00 horas.
Campos recorda que o prazo para reservar praza permanecerá aberto ata mañá mércores. As anotacións poden realizarse a través da OMIX. O prezo de cada ración, que inclúe lacón, patacas, chourizo, grelos, bebida, pan, postre e café, é de 20 euros.
Prevése a asistencia duns 2.000 comensais aproximadamente, aos que hai que engadir as numerosas persoas que "a bo seguro tamén encherán os establecementos da vila", sinalou o rexedor.
Previamente, ás 12.15 horas, o humorista e actor Pepo Suevos será o encargado de ler o pregón, no que a bo seguro non faltarán referencias aos seus vínculos con Cuntis e moito humor.
Desde as 12.00 horas xa estarán tamén abertas ao público as habituais mostras da Camelia e de Encaixe de Palilleiras, ademais da Exposición Cerámica de Castrolandín ou a Feira do Mel na Praza de Abastos.
A Charanga Los Támega e a Asociación Cigarróns de Verín serán as encargadas de animar e dar colorido ás rúas.
Pola tarde, tamén haberá música e non faltará a tradicional despedida ao Entroido co Enterro do Chapante, ás 19.30 horas.
Con respecto á xornada do sábado, aínda quedan entradas disponibles para outro dos grandes acontecementos do programa, como é o concerto que ofrecerá o artista cordobés Antonio José na carpa habilitada na Rúa Pedro Campos, desde as 22.00 horas. Os pases poden adquirirse a través da plataforma woutick.es e teñen un prezo de 20 euros.
Manuel Campos define a XXV edición da Festa do Lacón como "moi variada e de gran calidade, acorde coa importancia que ten a nivel de Galicia" e salienta tamén a súa importancia como motor de dinamización para a economía local.
Neste aspecto, o alcalde de Cuntis quixo salientar tamén a boa acollida que tivo o TapaLacón durante a pasada fin de semana. "Os locais participantes serviron moitas tapas, a pesar de que a meteoroloxía non acompañou", indicou.
Relacionadas:
-
Día grande de celebración gastronómica na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Ramiro Espiño & Anxo Lourido |
-
Antonio José triunfa na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
A Gala do Chapante en Cuntis recoñece a traxectoria do Café "Quico"
Por Anxo Lourido |
-
Concerto de Antonio José con entrada libre este sábado na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Anxo Lourido |
-
Cuntis recoñece a un mítico da súa hostalería, o Café Quico, no inicio da XXV Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
O Entroido da parroquia de San Xulián adíase ao 17 de marzo
Por Redacción |
-
Cuntis quenta motores para a Festa do Lacón con Grelos cun exitoso Tapalacón
Por Redacción |
-
O TapaLacón incluirá dúas demostracións culinarias da man do chef Iván Méndez e a blogueira Tere Rico
Por Redacción |
-
Regresa TapaLacón, tapas a un euro do 23 ao 25 de febreiro en dez locais de Cuntis
Por Redacción |
-
Antonio José ofrecerá un concerto na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
"Un show moi guapo" para amenizar a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis
Por Redacción |
-
Pepo Suevos, pregoeiro da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |