Excarceran un condutor de 37 anos que impactou contra un muro en Cambados
Por Redacción
Ao redor das 04.24 horas da madrugada deste domingo, o servizo de Emerxencias do 112 Galicia era alertado dun accidente que se producía na estrada PO-550 ao seu paso polo lugar da Barca, na parroquia de Castrelo, no municipio de Cambados.
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados trasladábase ata o lugar. O condutor do turismo, de 37 anos e veciño de Meaño, atopábase atrapado no vehículo, despois de saír da vía por causas que se investigan e impactar brutalmente contra un muro.
Os efectivos de emerxencias procedían á excarceración. Unha vez que lograban retirar ao home do vehículo, o persoal sanitario facíase cargo do ferido.
De
Na intervención participaba unha ambulancia do 061, persoal médico do centro de saúde de Cambados, axentes da Garda Civil de Tráfico, Atestados e Elecnor.
Relacionadas:
-
Dúas persoas resultan feridas en Cambados ao saír da vía e impactar contra un poste da luz
Por Anxo Lourido |
-
Este xoves pechará por obras a rúa Echegaray
Por Redacción |
-
Aparatoso accidente en Salcedo ao chocar un camión con varios coches aparcados
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Un neno de 8 anos e dous adultos resultan feridos nun accidente en Meaño entre un taxi e un turismo
Por Anxo Lourido |
-
Denuncian un condutor que abandonou o seu coche mal aparcado en Beiramar despois dun accidente
Por Natalia Puga |
-
Unha condutora resulta ferida nun accidente en Cambados
Por Anxo Lourido |