Dúas persoas resultan feridas en Cambados ao saír da vía e impactar contra un poste da luz
Por Anxo Lourido
Dúas persoas veciñas de Vilanova de Arousa eran evacuadas na madrugada deste xoves 21 despois de resultar feridas nun accidente que se producía no municipio de Cambados.
Por causas que se investigan, o condutor, de 67 anos, perdía o control do vehículo e impactaba frontalmente contra un poste da luz situado en San Antón, na parroquia de Vilariño.
Tanto o condutor como a muller coa que viaxaba no posto de copiloto, de 65 anos, eran trasladados polo servizo do 061 ao Hospital do Salnés con dor torácica, lumbar e cervical.
O vehículo causaba danos no farol público, segundo informa o servizo de Emerxencias do Concello de Cambados
Ademais do servizo de Emerxencias tamén acudiron ao lugar axentes da Garda Civil de Tráfico.
Relacionadas:
-
Tres nenos resultan feridos nun accidente en Ribadumia con catro vehículos implicados
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Controlan o combustible perdido por un camión con madeira envorcado na AP-9 á altura de Barro
Por Redacción |
-
Unha muller, ferida nun choque de dous coches de madrugada en Ribadumia
Por Redacción |
-
Vinte e catro persoas perderon a vida nas estradas da provincia o pasado ano
Por Oskar Viéitez |
-
Excarceran un condutor de 37 anos que impactou contra un muro en Cambados
Por Redacción |
-
Un neno de 8 anos e dous adultos resultan feridos nun accidente en Meaño entre un taxi e un turismo
Por Anxo Lourido |