Un neno de 8 anos e dous adultos resultan feridos nun accidente en Meaño entre un taxi e un turismo
Por Anxo Lourido
Tres persoas resultaban feridas na colisión entre dous vehículos que se rexistraba na tarde deste 17 de xaneiro na estrada PO-550 ao seu paso por Dena, no municipio de Meaño.
O accidente producíase ao impactar un turismo no que circulaba un home e un taxi no que viaxaba un adulto e un menor de oito anos de idade.
O taxista, de 47 anos, e veciño de Meaño sufriu dor cervical e dor lumbar. Foi trasladado ao Hospital Quirón Salud.
O neno de 8 anos que circulaba no taxi sufría dor cervical e a posible rotura do brazo dereito. Foi trasladado a Urxencias da área pediátrica do Hospital Provincial de Pontevedra para comprobar as feridas.
O condutor do outro vehículo, de 34 anos, trasladábase tamén ao Hospital Quirón Salud de Pontevedra polos seus propios medios para ser atendido das feridas.
Ademais do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén interviñan ambulancias do 061, Emerxencias Sanxenxo e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e Atestados para determinar as causas do sinistro.
Relacionadas:
-
Dúas persoas resultan feridas en Cambados ao saír da vía e impactar contra un poste da luz
Por Anxo Lourido |
-
Excarceran un condutor de 37 anos que impactou contra un muro en Cambados
Por Redacción |
-
Unha condutora resulta ferida nun accidente en Cambados
Por Anxo Lourido |
-
Ferido un motorista nun accidente na rotonda da Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez |
-
Causa danos no mobiliario urbano de Cambados co seu Golf e dá positivo en alcoholemia
Por Anxo Lourido |
-
Falecen unha muller e a súa filla en Cambados ao impactar un camión cisterna cun turismo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Catro persoas resultan feridas. unha delas grave, nun accidente entre dous turismos nunha rotonda de Ribadumia
Por Anxo Lourido |