Volta aos adestramentos para un Pontevedra que xa prepara o inicio da segunda volta
Por Diego Espiño
Remataron as vacacións de Nadal para o primeiro plantel do Pontevedra Club de Fútbol, que este luns volveu ao traballo na Xunqueira pensando no importante choque do próximo domingo, 5 de xaneiro, ante o Choco en Pasarón.
Manu Fernández mostrouse satisfeito de encontrarse os seus futbolistas en bo estado e "sin molestias", incluíndo nesa terna a Tubo, que evoluciona favorablemente aínda que non se quere precipitar a súa recuperación, e a un Javi Otero que despois do seu particular calvario no inicio da tempada "está al 100% " segundo asegura o técnico granate, o que supón "una alegría porque lleva sufriendo bastante tiempo y además así hay más competencia".
No bando contrario encóntranse aínda Fran Fandiño e Benja. O primeiro iniciou a sesión cos seus compañeiros retirándose pouco despois para continuar á marxe, mentres o dianteiro quedou realizando traballo de recuperación no ximnasio.
A principal preocupación para Fernández de cara á volta da competición pasa polo relevo de Candela no centro do campo despois de que o futbolista rescindise a súa vinculación co club, unha baixa que "se va a notar porque era un jugador importante pero intentaremos que sea lo menos posible". O adestrador entende que no equipo "hay jugadores que pueden hacer ese trabajo perfectamente", polo que "hay que asumirlo con tranquilidad".
Polo momento a opción que conta con máis posibilidades para substituílo é David García, xogador cun perfil similar ao de Candela.
Manu Fernández recoñece que "se habló de la posibilidad" de buscar algún reforzo no mercado de inverno, algo que dependerá das "posibilidades del club", pero pretende pechar a porta a máis saídas indesexadas, unha opción na que "no pienso ni me lo planteo", concluíu o técnico á finalización do primeiro adestramento.
O primeiro plantel continuará esta semana coa súa preparación en horario matinal, a excepción do mércores día 1, xornada na que se decidiu dar descanso.
Relacionadas:
-
Moreira e David Pérez caen da convocatoria do Pontevedra para recibir o Choco
Por Diego Espiño |
-
Escasa aceptación ata o momento da campaña 'Granate de corazón'
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra-Choco xogarase ás 12:00 da mañá para non coincidir coa cabalgata de Reis
Por Redacción |
-
Candela abandona o Pontevedra tras chegar a un acordo co club
Por Diego Espiño |