Competición confirma o partido de sanción a Xisco Campos tras a súa expulsión fronte a Unionistas
Por Redacción
Xisco Campos non estará dispoñible para o próximo e vital partido do Pontevedra no campo do Celta B. Era o esperado tras a súa expulsión o domingo fronte a Unionistas ata comprobar a redacción da acta arbitral.
Finalmente o colexiado do encontro, o andaluz Quintero González, enviou un rectificado ao documento oficial para arranzar o seu erro, ao atribuír inicialmente a tarxeta vermella de Campos ao seu compañeiro Pol Bueso, que nin sequera se atopaba sobre o terreo de xogo.
"Por erro involuntario, e unha vez acudido no meu domicilio, decateime que o xogador do Nº5 do Pontevedra C. F., D. Pol Bueso Paradis, aparecía na acta como xogador expulsado no minuto 79, sendo realmente o xogador nº21 D. Francisco Javier Campos Coll no minuto 79, non dándose conta tampouco ambos os delegados á finalización do encontro da devandita anomalía, unha vez revisamos a acta arbitral", engadiu nun anexo ao documento o colexiado.
Ante esta rectificación a Xuíza Única de Competición referendou este martes o castigo ao central granate, sendo suspendido por un partido.
Xisco unirase desta forma a unha lista de baixas na que tamén figuran os lesionados Romay, Adrián Cruz e Rufo, aínda que este último evoluciona positivamente facendo pensar nunha probable reaparición a seguinte xornada na visita do Zamora a Pasarón.
Relacionadas:
-
Rufo entra na convocatoria do Pontevedra para medirse ao Celta B
Por Diego Espiño |
-
Barreiro, onde todo empezou para Jesús Ramos
Por Diego Espiño |
-
Situación límite no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un erro na acta arbitral deixa no aire a sanción de Xisco Campos tras a súa expulsión en Salamanca
Por Diego Espiño |
-
Inxusta derrota do Pontevedra fronte a Unionistas (1-0) que o deixa na UCI
Por Diego Espiño |