ÿltima renovación no Arxil, a da súa capitá Ana Martín
Por Redacción
O Arxil anunciou oficialmente a renovación da súa capitá, Ana Martín, por unha tempada, converténdose na última xogadora en aceptar a súa continuidade no equipo verde.
A aleiro viguesa únese así a María Lago, Andrea Carrera e María Quiroga na súa posición, nun equipo que completan as escoltas Jara Tuda e Sandra Entenza, a base Carla Fernández, as ala-pívot Cristina Díaz-Pache e María González e a pívot Fany López.
Agora, tras a baixa de Olga Fedorova pola súa próxima maternidade, o corpo técnico do Arxil traballa en reforzar precisamente o xogo interior, a zona máis débil ata o momento no actual equipo verde que competirá un ano máis na Liga Feminina 2.