O Arxil cambia o seu horario habitual de xogo para recibir o Joventut Les Corts
Por Redacción
Por segunda xornada consecutiva o Club Baloncesto Arxil xogará como local na Liga Feminina 2 de baloncesto.
Despois da derrota ante o Ensino, que lle deixa con poucas opcións de chegar aos postos de play-off, as verdes queren retomar a senda do triunfo recibindo a outros dos equipos que ocupa a zona media da táboa, o Joventut Les Corts.
Farano con cambio de hora, xa que a entidade verde fixou o encontro para as 17:30 horas do sábado 10 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, adiantándose dúas horas ao habitual.
Mayte Méndez poderá contar para a cita con todo o seu plantel dispoñible para buscar unha vitoria que, ademais de deixar na man a permanencia na categoría, esperan que lles manteña aínda que con poucas opcións na pelexa por achegarse ao cuarto posto.
O Joventut Les Corts, noveno clasificado, foi unha das grandes sorpresas a pasada campaña ao coarse no play- off de ascenso no seu primeiro ano na Liga Feminina 2. O equipo catalán chegará a Pontevedra coa importante ausencia de Nerea Garmendia, que deixou a entidade.